Na outra beira das augas grandes
Xabier P. Docampo, 1982-2015
26'. Vídeo. Entrada de balde. Presentación: Xabier P. DocCampo
NA OUTRA BEIRA DAS AUGAS GRANDES (España, 1982-2015)
Dirección e guión: Xabier P. Docampo. Produción: X. X. Cabanas Cao, Xosé Manuel Deus (1982), Pixifilms (2015). Intérpretes: Miguel Pernas, Maruchi Olmo, Uxía López González, Amparo Martínez Pereiro. Dur.: 26'.
“Isto é un acto de lembranza e xustiza que escribo para dar explicación de por que hai 33 anos, un grupo de persoas se uniron a una ilusión miña cunha mestura de curiosidade e interese, e comezamos a facer una película que, ao pouco nos vimos obrigados a parar. Despois de todo ese tempo e notando que aínda había na miña alma un borrallo quente daquela ilusión, decidín soprar nel até avivar o lume. Facer iso significaba non só rematar con maior ou menor acerto aquilo, senón que tiña que se converter nun acto de xustiza para con aquelas amigas e amigos que me acompañaron.” (Xabier P.DoCampo: Xénese, parada e resurrección dunha película. Testemuño persoal de como naceu e como se rematou)