
Muller(es)Muller
Inés Pintor, 2014
80'. Vídeo HD. Presentación. Entrada de balde.
MULLER(ES)MULLER
(España, 2014)
Dirección e guión: Inés Pintor. Produción: SocialDocs. Duración: 80 minutos.
Tres xeracións de mulleres, tres mundos, tres vidas coas súas coincidencias e discrepancias, permítennos somerxernos nesa realidade multiforme e cambiante do que significa ser muller. O proxecto, case dous anos de traballo e a participación dunha vintena de profesionais, recolle a realidade de dezanove mulleres de diferentes xeracións, cunha particularidade: trátase, en cada caso, de tres xeracións da mesma familia. Seis familias de tres mulleres (catro, nunha das familias) que mostran á cámara sen disimulos a súa visión do que é ser muller. Dezanove mulleres que compoñen seis tríades familiares, a falaren de seis grandes temas, permitirannos explorar a evolución e as múltiples transformacións do papel feminino.