
MUDANZA
Pere Portabella, 2008
20´. Subtítulos en castelán.
MUDANZA
(España, 2008)
Dirección e guión: Pere Portabella. Produción: Films 59, coa colaboración da Fundación García Lorca e da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC). Fotografía: Elisabeth Prandi. Duración: 20 minutos.
Pere Portabella (Umbracle; El silencio antes de Bach) filma unha nova peza respondendo a unha invitación do comisario de exposicións Hans Ulrich Obrist para intervir na Horta de San Vicente, casa/museo da familia García-Lorca en Granada. Resultado do proceso de desaloxo de mobles e obxectos, para que o visitante poida deambular sen obstáculos polos espazos cargados de sentidos e resonancias, entre o baleiro e o silencio do lugar, retidos pola memoria da experiencia e o nivel de esixencia do visitador-espectador. En definitiva, potenciar e facer máis evidente e próxima a ausencia significativa, tanto emocional como histórica do poeta Federico García Lorca.