
Mr. Turner
Mike Leigh, 2014
149'. DCP. Subt. castelán.
MR. TURNER
(Reino Unido, 2014)
Dirección e guión: Mike Leigh. Fotografía: Dick Pope. Produción: FFI, Film4, Thin Man Films e Xofa Productions. Intérpretes: Timothy Spall, Jamie Thomas King. Duración: 149 minutos.
Película biográfica sobre o ultimo cuarto de século do pintor británico Joseph Mallord William Turner (1775-1851), un artista recoñecido do seu tempo e as dificultades ás que se enfronta logo da morte do seu pai. A súa vida parece mudar cando coñece a Mrs. Booth, unha muller que posúe unha pensión xunto ao mar. Catro candidaturas ao Oscar e premio ao mellor actor para Timothy Spall no Festival de Cannes 2014, Mr. Turner representa un relato cargado de ritmo e axustada elaboración estética.