Mothlight+The Horseman, The Woman, and the Moth+ Trip to Door-Jane and the Kids go to Town+ Star Garden+Creation+ Garden of Earthly Delights
Stan Brakhage, 1963-1981
85'. 16mm. Entrada de balde
Mothlight
Stan Brakhage | 1963 | 4 minutos | COR | SILENTE
Esencia de lepidóptera recreada entre dúas raias de cinta clara de poliéster: unha anima animación. O que unha avelaíña vería dende o nacemento á morte se o negro fose branco e o branco fose negro.
"Brakhage fixo MOTHLIGHT sen cámara. Limitouse a pegar ás de avelaíñas e flores sobre unha tira de celuloide virxe e pasouna pola impresora óptica". - Jonas Mekas
"MOTHLIGHT é unha paradoxal preservación de cachos de avelaíñas mortas no medio eterno da luz (que é a vida e debuxa a avelaíña ata a morte); e así se axita ata a súa desintegración. Esta abstracción do voo captura a loita da materia por asumir a súa propia forma; a morte da avelaíña non cancela a súa natureza, que no celuloide se afirma ela propia. MOTHLIGHT é por un lado unha parábola da morte e a resurrección, mais sobre todo refírese á persistencia do ser en canto á súa forma, imaxe e movemento esenciais". - Ken Kelman
The Horseman, The Woman, and the Moth
Stan Brakhage | 1968 | 26 minutos | COR | SILENTE
Un longo mito gravado directamente sobre a superficie fílmica, que está pintada, tinguida, tratada para que poidan agromar controlados cristais e texturas modeladas das figuras e formas do drama - algunhas imaxes estampadas usando técnicas de pintura de cera derretida, algunhas imaxes obxectos en si mesmos (como ás de avelaíñas) pegados directamente no celuloide... para que os protagonistas deste mito (como se lista no título) fiquen tecidos entre estruturas cristalinas e xunglas orgánicas do colorido mundo da visión hipnagóxica – todo montado en "temas e variacións" que contan "mil e unha" historias mentres, ao tempo, evocan música barroca... sendo a primaria inspiración musical as sonatas con clavicémbalo de Dominico Scarlatti.
Trip to Door-Jane and the Kids go to Town
Stan Brakhage | 1971 | 12 minutos
Star Garden
Stan Brakhage | 1974 | 22 minutos | COR | SILENTE
A "ESTRELA," como está en singular, é o sol; e está metaforizado no inicio deste filme polo proxector que calquera use para mostralo. Despois o sol imaxinario traza o seu curso por toda sala escura en que se vexa. No "mediodía" (da narrativa) pode imaxinarse atrás da pantalla, para despois mudar a súa imaxinada fonte lumínica gradualmente de volta a través de posteriores tons e imaxinería das “estrelas” do cine ata que consegue de novo unha relación á fronte coa lúa. Este "sol" do ollo mental de cada espectador non corresponde necesariamente co “sol representado” de fóra da pantalla; mais calquera que xogue este xogo da iluminación poderá seguramente ver o filme na súa máis conscientemente completa luz. De todas formas, simplemente retrata (como dixo Brancusi): "Un deses días en que non comerciaría con nada baixo o ceo”.
Creation
Stan Brakhage | 1979 | 17 minutos | COR | SILENTE
"... case como a propia Terra – as frías rochas cubertas de verde, o esvaradío, comprimido sentimento dos glaciares. Todo o tempo que miraba non paraba de pensar que eras un mestre do Norte, da paisaxe ártica – as flores de cor vermella escura na luz crepuscular, ese intenso azul, as altas árbores de constantes brétemas, e Jane a mirar... o xeo, a auga, a carriza, a dourada luz. Unha sinfonía visual...” - Hollis Melton
Garden of Earthly Delights
Stan Brakhage | 1981 | 2.5 minutos | COR | SILENTE
Este filme (relacionado con MOTHLIGHT) é unha colaxe composta por completo de vexetación de zonas montañosas. Como suxire o título, é unha homenaxe (máis tamén unha réplica) a Hieronymous Bosch. Rende tamén tributo, e de forma máis natural, ao The Tangled Garden de J. E. H. MacDonald e ás pinturas de flores de Emil Nolde.