Mne dvadtsat let / Tengo 20 años
Marlen Khutsiyev, 1965
165'. Vídeo. Subt. castelán.
MNE DVADTSAT LET / TENGO VEINTE AÑOS
(Unión Soviética, 1965)
Dirección: Marlen Khutsiyev. Guión: Gennadi Shpalikov e Marlen Khutsiyev. Produción: Gorky Film Studios. Fotografía: Margarita Pilikhina. Intérpretes: Valentin Popov, Nikolai Gubenko. Duración: 165 minutos.
Premio Especial do Xurado no Festival de Venecia 1965, compartido con Simón del desierto de Luis Buñuel, e premio ao mellor actor para Valentin Popov. Sergei é un mozo que regresa a Moscova tras o servizo militar. En principio, parece que a vida lle sorrí. Consegue traballo na fábrica onde o seu pai (asasinado na 2ª Guerra Mundial) traballou. Sae cos seus dous amigos de sempre, Nikolai e Slava. Segue unha moza no tranvía e comeza a tomala en serio. Mais por dentro loita contra o vago fastío que envolve a súa vida sen saber cara a onde se dirixe e que significa todo. Os amigos están experimentando cadansúas crises existenciais. Nikolai enfróntase a un dilema ético no traballo e sente que as súas relacións se esgotan e deslizan lonxe de si. Estas son as vidas da mocidade de Moscova, alegres por momentos, mais sen rumbo, unha xeración orfa sen claros sinais para se guiaren na existencia.