
Las tierras del cielo
Luis Moreno, Paula Ruiz, Lola Casamayor, Violeta Gil, Andrés Gertrudix, Carlos Troya, Itziar Manero, Gonzalo Herrero, Fernanda Orazi
- 83 min.
Unha noite. Unha cidade. Madrid. Cinco conversas. Nove personaxes. Contan historias persoais, contan historias inventadas e contan, tamén, unha vella historia que vai de conversa en conversa. É a historia dunha vella película xaponesa. A historia dun panadeiro poeta e unha moza que traballa nunha tenda de alimentación… É unha película feita de imaxes e de palabras. De palabras que crean imaxes. É unha película de persoas que contan unha película e que, ao facelo, reinvéntana. E, ao contala, tamén se contan a si mesmos: quen son, quen quererían ser, quen serán. É unha película nocturna e madrileña en que apenas se ve Madrid. É unha película de actrices e de actores que falan moito e que, non obstante, sempre calan algo. É unha película feita para o espectador e co espectador: para a súa imaxinación, para facer nacer nel o desexo de compartir, o desexo de contala, o desexo de contar.
-
Fóra de serie
Las tierras del cielo
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresenta: Pablo García Canga
- Ano:2023
- Países de produción: España
- Guión: Pablo García Canga
- Fotografía: Pablo García Canga
- Montaxe: Antonio Trullén Funcia, Pablo García Canga
- Produtora(s): Amateurfilms