 
      Meokgo and the stickfighter
        Teboho Mahlatsi, 2006  
                16´. Subtítulos en galego.
MEOKGO AND THE STICKFIGHTER / SEKALLI LE MEOKGO
(República Surafricana-Austria, 2006)
Dirección e guión: Teboho Mahlatsi. Fotografía: Robert Malpage. Produción:  Bomb, New Crowned Hope. Intérpretes: Mdududi Mabaso, Terry Pheto. Duración: 16 minutos.
Kgotso, un loitador de artes marciais e músico, só abandona as montañas chamado polos pastores para protexer as súas ovellas dos bandidos. Nunha das súas incursións, unha fermosa muller sae das augas cativada pola súa música. Mozart, Sergio Leone, a mitoloxía e os ritos e usos africanos fúndense nun espectáculo hipnótico que bebe con intelixencia da procedencia publicitaria e televisiva do seu realizador.
 
                                