MÉLO
Alain Resnais, 1986
112´. Subtítulos en castelán.
MÉLO
(Francia, 1986)
Dirección e guión: Alain Resnais, sobre o texto teatral homónimo de Henry Bernstein. Produción: MK2 Productions, Films A2. Fotografía: Charlie Van Damme. Intérpretes: Sabine Azéma, Pierre Arditi, Fanny Ardant. Duración: 112 minutos.
Respectando as convencións da representación escénica, Resnais adapta ao esquecido dramaturgo Henry Bernstein. Unha muller, indecisa entre o seu marido e o seu amante, podería optar polo suicidio.