MEGACITIES
Michael Glawogger, 1998
90’. Subtítulos en galego.
MEGACITIES [MEGACIDADES]
(Austria-Suíza, 1998)
Dirección e guión: Michael Glawogger. Produtor: Erich Lackner, Rolf Schmid. Produción: Fama Film, Lotus Film. Fotografía: Wolfgang Thaler. Duración: 90 minutos.
Documental en torno ao traballo, a pobreza, a violencia, o amor e o sexo. Unha película sobre a beleza humana en doce capítulos que falan de xente de Bombai, México, Moscova e Nova York, que procuran sobrevivir con inxenuidade, intelixencia e dignidade.