Me siento rejuvenecer
Howard Hawks, 1952
97'. Subt. castelán.
MONKEY BUSINESS / ME SIENTO REJUVENECER
(Estados Unidos, 1952)
Dirección: Howard Hawks. Guión: Ben Hetch, I.A.L. Diamond e Charles Lederer, sobre unha historia de Harry Segall. Produción: Twentieth Century-Fox. Fotografía: Milton Krasner. Intérpretes: Cary Grant, Ginger Rogers, Charles Coburn, Marilyn Monroe. Duración: 97 minutos. Un científico e a súa muller, o matrimonio Fulton, volven á infancia logo de beber unha apócema de xuventude inventada accidentalmente por un chimpancé. A habilidade, pulso e intensidade narrativas de Hawks ao servizo dun filme capaz de soster o caos máis gozoso de xeito orgánico. A inversión de papeis, a recuperación da infancia e a exploración das sensacións perdidas proporcionan mesmo un segmento final inesquecible, xenial e hilarante, digno da tolemia orquestrada polos mellores irmáns Marx.