Matthias Müller e Christoph Girardet: Programa 3
75´. Vídeo / Cine. Subtítulos en galego.
PLAY
(Alemaña, 2003)
Dirección: Matthias Müller e Christoph Girardet. Duración: 7 minutos.
Fluctuacións no público, causadas por diversos motivos e emocións, compoñen un encadeado de reaccións extraídas de varios títulos do cine norteamericano.
BEACON
(Alemaña, 2002)
Dirección: Matthias Müller e Christoph Girardet. Guión: Mike Hoolboom. Duración: 15 minutos.
Compilación de estampas rodadas en dez localizacións distintas ao redor do mundo, coa presenza do mar como elemento recorrente.
PHANTOM
(Alemaña, 2001)
Dirección: Matthias Müller, Christoph Girardet. Guión e fotografía: Matthias Müller. Duración: 5 minutos.
Imaxes nebulosas de figuras humanas que se moven entre cortinas, obtidas a partir da manipulación de fotogramas de películas preexistentes.
MANUAL
(Alemaña, 2002)
Dirección: Matthias Müller e Christoph Girardet. Duración: 9 minutos.
Partindo de found footage, unha montaxe que se recrea na estética da tecnoloxía analóxica característica do mundo pre-dixital.
PIANOFORTE
(Alemaña, 2007)
Dirección: Christoph Girardet. Duración: 6 minutos.
Unha soa melodía e distintas mans tocando o piano. Moitas mans, moitos intérpretes, moitas películas…
MIRROR
(Alemaña, 2003)
Dirección: Matthias Müller e Christoph Girardet. Intérpretes: Elisabeth Masé, Nedzad Mrkulic. Duración: 8 minutos.
Unha sucesión de encadres en scope exploran os intres de silencio de anfitrións e convidados dunha festa, e tamén aqueles espazos polos que se moven.
KRISTALL
(Alemaña, 2006)
Dirección: Matthias Müller e Christoph Girardet. Duración: 14 minutos.
Micro-melodrama edificado con anacos de películas alleas, con espellos e as súas refraccións como leit-motiv visual.
CONTRE-JOUR
(Alemaña, 2009)
Dirección: Matthias Müller, Christoph Girardet. Fotografía: Christian Girardet. Intérpretes: Elisabeth Masé, Ralph Kostrzewa. Duración: 10 minutos.
Escuridade + luz + fugacidade = estroboscopia. Flashes e escintileos descompoñen a realidade, iluminan rostros e revelan ollos escrutadores.