Matthias Müller e Christoph Girardet: Programa 2
Matthias Müller e Christoph Girardet, 1999-2004
83´. Vídeo / Cine. Subtítulos en galego.
NEBEL
(Alemaña, 2000)
Dirección, guión e produción: Matthias Müller. Duración: 12 minutos.
Adaptación de poemas do literato austríaco Ernst Jandl, cuxas imaxes seguen unha estrutura circular.
ALBUM
(Alemaña, 2004)
Dirección: Matthias Müller. Duración: 24 minutos.
Unha colaxe de recordos persoais composto de material visual recompilado por Müller a través dos anos.
PHOENIX TAPES
(Alemaña, 1999)
Dirección, guión e produción: Matthias Müller, Christoph Girardet. Duración: 47 minutos.
O cine de Alfred Hitchcock reconcentrado, aglutinando as súas obsesións temáticas e visuais máis características: as súas parellas, as súas nais, os seus teléfonos, os seus trens…