Marquis
Henri Xhonneux, 1989
83'. Vídeo. Subt. castelán. Presentación. Entrada de balde.
MARQUIS
(Francia-Bélxica, 1989)
Dirección: Henri Xhonneux. Guión: Roland Topor e Henri Xhonneux, sobre a vida e obra do marqués de Sade. Produción: Aligator e Tchin Tchin Productions. Fotografía: Étienne Fauduet. Duración: 83 minutos.
Na Francia prerrevolucionaria asistimos á vida do marqués de Sade, un controvertido aristócrata que pasa os días no cárcere da Bastilla –acusado de crimes sexuais- e falando co seu órgano sexual, Collin. Un filme, mestura de pasaxes reais, literarios e mais inventados sobre a vida e obra de Sade, onde xunto a bonecos, aparecen actores ataviados de animais. Unha sátira implacable chea de procacidade subversiva. No guión, o mítico Roland Topor, literato fundador do movemento Pánico a carón de Jodorowsky e Arrabal, autor adaptado por Polanski en El quimérico inquilino (1976) e produtor e guionista do afamado filme de animación El planeta salvaje (1973), non por casualidade creador con Xhonneux na Francia dos anos 80 do Téléchat, as novas dos monicreques.