MANOS PELIGROSAS
Sam Fuller, 1953.
80´. Subtítulos en castelán.
PICK UP ON SOUTH STREET / MANOS PELIGROSAS
(Estados Unidos, 1952)
Dirección e guión: Sam Fuller, sobre a novela “Blaze of glory” de Dwight Taylor. Produción: 20th Fox. Fotografía: Joe MacDonald. Intérpretes: Richard Widmark, Jean Peters, Thelma Ritter. Duración: 80 minutos.
Skip McCoy, un carteirista de pouca monta, róuballe o bolso a unha moza no metro de Nova York. Cando chega á súa casa, Skip descobre que no bolso hai un microfilme cunha fórmula química secreta que espías comunistas e axentes do FBI perseguen. Skip decide vender os microfilmes ao mellor ofertante, introducíndose nunha espiral de violencia perigosa, arroupada pola concisión, sequidade e capacidade de inventiva visual e argumental de Fuller.