MANILA BY NIGHT
Ishmael Bernal, 1980
150´. Subtítulos en galego.
CITY AFTER DARK/ MANILA BY NIGHT
Ishmael Bernal, 1980. Con Charito Solís, Alma Moreno. 150´.
A través do relato cotián da xente de Manila, este filme de Ishmael Bernal
céntrase nos conflitos dunha serie de personaxes durante unha noite. Quedan
ao descuberto algúns dos aspectos máis escuros e sórdidos da cidade
(corrupción, prostitución, drogadicción ou mafia), que nos remite á hipocrisía
moral da sociedade a partir dos actos de varios grupos de personaxes
que se entrecruzan nese tempo. Título clave da cinematografía filipina, a
película sufriu os rigores da censura da man da temible Imelda Marcos, que
logrou que non se presentase no Festival de Berlín ao tempo que obrigou
a Bernal a cortar parte da metraxe da cinta e a rebautizala co título de City
after Dark, por medo a que a imaxe de Manila quedase danada.