Manicomio
Luis María Delgado e Fernando Fernán-Gómez, 1953
85'. Vídeo
Manicomio
(España, 1953)
Dirección: Luis María Delgado e Fernando Fernán-Gómez. Guión: Fernando Fernán-Gómez e Francisco Tomás Comés. Fotografía: Cecilio Paniagua e Sebastián Perera. Intérpretes: Susana Canales, Julio Peña, Elvira Quintillá, Antonio Vico, Fernando Fernán-Gómez, María Asquerino, Camilo José Cela. Dur: 85'.
Carlos acode a visitar a moza, Juana Vélez, ao manicomio onde ela exerce como psiquiatra. Durante a viaxe, o mozo informa directamente ao espectador de que a súa relación con Juana non conta coa aprobación familiar, xa que, desde neno, se daba por feito o seu matrimonio coa curmá Mariluz. Unha vez no manicomio, comeza a sospeitar sobre a súa condición. Quen son os tolos e quen os sans nese lugar endemoñado, que semella encapsular as penurias dunha España en que custa diferenciar o verdadeiro do falso?