Magic Town / Ciudad mágica
William A. Wellman, 1947
103'. DCP. Subt. Castelán
Magic Town / Ciudad mágica
(Estados Unidos, 1947)
Dirección: William A. Wellman. Guión: Robert Riskin. Fotografía: Joseph Biroc. Intérpretes: James Stewart, Jane Wyman, Kent Smith, Ned Sparks, Wallace Ford, Donald Meek, Regis Toomey, Ann Doran. Dur: 103'.
Unha empresa dedicada a sondaxes de opinión busca un milagre estatístico: atopar unha cidade que reflicta o sentir de todos os norteamericanos. A piques de pechar, toman unha medida desesperada: publicar unha enquisa realizada a milleiros de persoas en todo o país para acadar resultados máis fidedignos. Porén, por que será que coinciden estes números cos dunha pequena vila chamada Grandview?
Nova incursión na comedia por parte de Wellman, que conta neste caso co bo facer de James Stewart no papel protagonista. Foi o primeiro filme no que o guionista Robert Riskin exerceu de produtor, cando xa viña de escribir películas de éxito coma o Juan Nadie (1941) de Frank Capra. Con estes libretos, fixo toda unha serie que dá unha boa mostra dos desexos, dramas e actitudes do norteamericano medio nos anos corenta.