1982: ‘La aventura del Arosa I’
- 40 min.
Cuarta sesión dedicada á empresa Espello Vídeo Cine, na que se proxecta unha única peza. La aventura del Arosa I é unha reportaxe que documenta a viaxe do buque pesqueiro Arosa I á fosa atlántica para rexistrar as protestas contra as verteduras nucleares que alí estaban a suceder e denunciar esta situación ante o mundo.
Manuel Abad na cámara e na edición únese a unha tripulación conformada por diversos activistas, entre os que se contaba Gonzalo Vázquez Pozo, daquela concelleiro de Cultura na Coruña, quen nos acompañará na sesión xunto a Abad para rememorar esa travesía. Xosé Xoán Cabanas Cao produce e pon a voz en off.
-
Espello Vídeo Cine: unha crónica da Galicia dos oitenta
1982: ‘La aventura del Arosa I’
Versión lingüística:VOFormato:HDColoquio con Manuel Abad e Gonzalo Vázquez Pozo. Entrada de balde.



