A Mãe e o mar
Gonçalo Tocha, 2013.
103'. DCP. Subt. galego. Entrada de balde.
A MÃE E O MAR
(Portugal, 2013)
Dirección e guión: Gonçalo Tocha. Produción: Dario Oliveira para Curta Metragems C.R.L. Fotografía: André Guiomar e Gonçalo Tocha. Duración: 103 minutos.
No vieiro dun mito real e perdido no lugar da praia de Vila Chã, procuramos as mulleres do mar chamadas “pescadeiras”, nun dos poucos lugares do mundo con mulleres ao mando de barcos. Mais elas, ulas? Os 120 barcos de pesca artesanal, ulos? Tan só quedan oito barcos e unha única muller pescadeira. Filmación da paixón da pesca, da paixón do mar. Un novo traballo do director de Balaou e É na Terra, não é na Lua, pezas que xa viñera presentar ao CGAI.