THE MAD SONGS OF FERNANDA HUSSEIN
John Gianvito, 2001.
168´. Subtítulos en galego.
THE MAD SONGS OF FERNANDA HUSSEIN
(Estados Unidos, 2001)
Dirección: John Gianvito. Guión: John Gianvito coa colaboración de Suzanne Gaulin. Produción: Travelling Light Productions. Fotografía: Ulli Bonnekamp. Intérpretes: Thia González, Dustin Scott, Robert Perea. Duración: 168 minutos.
Tres historias en tres cidades, sobre vidas alteradas pola primeira Guerra do Golfo: unha muller mexicana que leva o apelido Hussein por casamento; un mozo e un veterano de Guerra marcado polo que alí viu. Ficción e documental para unha longametraxe política rodada durante seis anos con non-profesionais que reflicte a América estremecida polo peso da Historia.