LUDWIG, RÉQUIEM POR UN REY VIRGEN
Hans-Jurgen Syberberg, 1972.
140´. Subtítulos en galego.
LÜDWIG, REQUIEM FU REINE JUNGFRAULICHEN KONIG / LUDWIG, RÉQUIEM POR UN REY VIRGEN
(Alemaña, 1972)
Dirección e guión: Hans-Jürgen Syberberg. Fotografía: Dietrich Lohman. Produción: TMS Film GmbH e Hans-Jürgen Syberberg para a ZDF. Intérpretes: Harry Baer, Balthasar Thomas, Ingrid Caven. Duración: 140 minutos.
Declarada como a primeira película autenticamente musical da Historia do cine, primeira entrega dunha triloxía que retrata, tal e como di Syberberg, "o ventre materno de onde xurdiu o Terceiro Reich", e que se completaría con “Karl May” (1974) e “The Confessions of Winifred Wagner” (1975), conxunto realzado pola excelsa “Hitler”. Unha vibrante posta en escena non allea ao kitsch, que nos remonta ata o reinado de Luis II de Baviera, momento crucial da transformación da vella, dividida e decadente Alemaña baixo os sons de Wagner, artista protexido polo rei bávaro.