
LUCES AL ATARDECER
Aki Kaurismaki, 2006.
80´. Subtítulos en castelán.
LAITAKAUPUNGIN VALOT / LUCES AL ATARDECER
(Finlandia-Alemaña-Francia-Italia, 2006)
Dirección e guión: Aki Kaurismaki. Produción: Sputnik Oy, en asociación con YLE/TV1 e C More Entertainment (Finlandia); Pandora Film, ZDK/ Arte (Alemaña); Pyramide Productions, Arte France Cinéma (Francia) e BIM Distribuzione (Italia). Fotografía: Timo Salminem. Intérpretes: Janne Hyytiäinen, Ilkka Koivula, Maria Järvenhelmi. Duración: 80 minutos.
Un solitario garda de seguridade nocturno, Koistinen, ve como a súa sede de amor é explotada por un grupo mafioso a través dunha muller calculadora. Organizan un roubo coa intención de que Koistinen apareza como o único responsable. A última e maxistral película do finlandés Aki Kaurismaki achéganos de novo ao seu persoal sentido do humor, á dignidade e capacidade de comprensión das súas criaturas, unha simpatía e toma de postura polos desamparados de posta en escena concisa, elíptica e hábil uso dos elementos (coa integración mesmo dunha canción de Gardel) que o manteñen como un dos escasos grandes cineastas en activo.