
LOS SUICIDAS
Juan Villegas, 2005
80´.
LOS SUICIDAS
(Arxentina, 2005)
Dirección, produción e guión: Juan Villegas, sobre a novela de Antonio Di Benedetto. Fotografía: Paola Rizzi. Intérpretes: Daniel Hendler, Leonora Balcarce, Camila Toker. Duración: 80 minutos.
Daniel, un xornalista obsesionado co suicidio, que perdeu desta maneira a seu pai de cativo, investiga un caso deste tipo logo da morte dun suxeito cuxa foto chegou á redacción do diario onde traballa. Asígnanlle unha compañeira fotógrafa, Marcela, da que se namora e na que intúe síntomas de correspondencia amorosa, ao tempo que lle teme á chegada da data en que vai alcanzar a idade concreta que tiña seu pai no momento da morte. Melancolía, desasosego, tensión, unha ávida exploración nas interioridades dos protagonistas.