No creas que voy a gritar
Ne croyez suttout pas que je hurle
- 75 minutos
Un home de 45 anos vive illado nun lugar de montaña de Alsacia. Só, logo da ruptura da relación que un día o levou ata alí, a súa única saída é o visionado continuo de películas de todas as épocas (de Eastwood a Bonello, de Carpenter a Von Sternberg). O seu berro de desesperación, a súa mensaxe de náufrago, amósase a través deses filmes que engulipa de forma compulsiva: tres, catro ou cinco por noite. Cine composto por fragmentos doutros, o cine como salvación e condena, como obxecto romántico definitivo. Frank Beauvais elabora unha impresionante colaxe de imaxes, un catálogo imprescindible.
-
-
Cineclube Valle-Inclán
No creas que voy a gritar
- Ano:2019
- Países de produción: Francia
- Guión: Frank Beauvais
- Produtora(s): Les Films du Bélier, Les Films Hatari, Le Studio Orlando, CNC, Région Grand Est, Strasbourg Métropole, Ciné+