Los que no fuimos a la guerra
Julio Diamante, 1961.
97´.
LOS QUE NO FUIMOS A LA GUERRA (España, 1961) Dirección e guión: Julio Diamante, sobre narración de Wenceslao Fernández Flórez. Produción: Saroya Films P.C. Fotografía: Manuel Rojas. Intérpretes: Laura Valenzuela, Juanjo Menéndez. Duración: 97 minutos. O ancián don Javier asiste a unha proxección bélica e lembra as imaxes da guerra do 14, na que non participou pero da que foi vítima minúscula e inesperada. Desde a súa xuventude na cidade de provincias Iberina, onde traballaba para o xornal local, don Javier asiste á ruptura da súa férrea amizade coa familia de Aurora por diferenzas de bandos na guerra, o que leva aos dous mozos a ter que verse ás agachadas. A primeira longametraxe de Julio Diamante tivo abundantes problemas coa censura, impedindo mesmo o título inicial, Cuando estalló la paz.
-
-
Homenaxes A.E.H.C.: Julio Diamante
Los que no fuimos a la guerra
Versión lingüística:VOFormato:35mm.