Los conspiradores del placer
Jan Švankmajer, 1996
75’.
SPIKLENCI SLASTI / LOS CONPIRADORES DEL PLACER
(República Checa-Suíza-Reino Unido, 1996)
Dirección e guión: Jan Švankmajer. Produción: Athanor, Cominici e Delfilm. Fotografía: Miroslav Spála. Intérpretes: Petr Meissel, Gabriella Wilhelmová. Duración: 75 min.
Longametraxe competidora no Festival de Locarno 1996, en palabras de Švankmajer “opón as inofensivas perversións imaxinativas dos individuos ás monstruosas da civilización, coma a política, a guerra, as conferencias de paz, a limpeza étnica, os accidentes e as pragas. O que, no plano individual, conduce á liberación e ao desexo (cando menos provisoriamente), leva no conxunto da civilización (noutras palabras, cando é colectivizado) á escravitude e o asasinato en masa”.