
Loos Ornamental
Heinz Emigholz, 2008
72'. 35 mm. Presentación por Fernando Agrasar
LOOS ORNAMENTAL
(Austria-Alemaña, 2008)
Dirección, guión e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Amour Fou, KGP e o apoio da WDR. Duración: 72 minutos.
Adolf Loos, arquitecto modernista austríaco, irrompeu con forza no seu tempo co famoso ensaio Ornamento e delito. Alí viña a dicir que a idea de ornamento atrasaba a evolución cultural dos pobos, ademais de ser forza de traballo e material desbaldido. Malia isto, estonando esta pela que atribúe a Loos un odio simplista, Emigholz descobre o Loos ornamental, o das ricas estruturas de madeira, mármore veado, metal e tea en harmónicas composicións, o que entendeu o espazo en si mesmo como adorno tridimensional.