
LOCURAS DE VERANO
David Lean, 1955
99´. Subtítulos en galego.
SUMMER MADNESS / LOCURAS DE VERANO
(Gran Bretaña-Estados Unidos, 1955)
Dirección: David Lean. Guión: David Lean e H.E. Bates, sobre a obra teatral de Arthur Laurents “The time of the cucko”. Produción: Lopert Films e London Films. Fotografía: Jack Hildyard. Intérpretes: Katharine Hepburn, Rossano Brazzi, Isa Miranda, Darren McGavin. Duración: 99 minutos
Jane, unha turista norteamericana solteirona, chega a Venecia cunha romántica idea da cidade na súa mente: a crenza de que alí atopará o amor. O encontro cun anticuario, Renato, fai que se sobrepoña á decepción, mais pronto descobre que este está casado… A narración máis lineal de Lean, outro perspicaz retrato feminino que acredita a vocación paisaxística do autor, obtendo un importante éxito que lle facilita a enorme liberdade artística posterior.