
L´HOMME QUI MENT
Alain Robbe-Grillet, 1968
116´. Subtítulos en castelán.
L´HOMME QUI MENT
(Francia-Checoslovaquia, 1968)
Dirección e guión: Alain Robbe-Grillet. Produción: Como Film, Compagnie Cinématographique de France, Lux Film e Studio Hranych Filmov Bratislava. Fotografía: Igor Luther. Intérpretes: Jean-Louis Trintignant, Ivan Mistrik. Duración: 116 minutos.
Premiados Robbe-Grillet e Trintignant en Berlín por esta coprodución con Checoslovaquia, segundo o seu autor, “a incredulidade é xustamente o drama do meu heroe, Boris-Varissa. Non lle cren o que conta. Para convencer é capaz de todo. Ser creído é a súa razón de ser e non o feito de dicir a verdade. Ser creído ou non ser creído, aí o problema. E esta non é a única referencia shakespeariana. De feito o filme inspírase na tradición teatral dos reis tocos, desde Hamlet ata Enrique IV, de Pirandello, pasando por Boris Godunov e o Eric XIV, de Strindberg”.