LEVEL FIVE
Chris Marker, 1996
106’. Subtítulos en galego.
LEVEL FIVE [NIVEL CINCO] (Francia, 1996) Dirección e guión: Chris Marker. Produtor: Anatole Dauman, Françoise Widhoff, Raphäel Romero. Produción: Argos Films, Les Films de l’Astrophore. Fotografía: Yves Angelo, Gérard de Battista, Chris Marker. Intérpretes: Catherine Belkhodja, Nagisa Oshima, Kenji Tokitsu, Shigeaki Kinjo, Ju’nishi Ushiyama. Duración: 106 minutos. Laura, unha programadora informática francesa, quere facer un xogo de estratexia informático partindo dunha acción insuficientemente coñecida da 2ª Guerra Mundial, a batalla de Okinawa. Na súa procura de información e a través dunha estrutura fascinante que inclúe testemuños e materiais diversos establécese unha aproximación á historia de Xapón. A confirmación do Marker máis visionario e bricoleur multimedia e da ciencia-ficción como vasto terreo de experimentación.