LES DEMOISELLES ONT EU 25 ANS
Agnès Varda, 1993
63´. Subtítulos en castelán.
LES DEMOISELLES ONT EU 25 ANS
(Francia, 1993)
Dirección e guión: Agnès Varda. Produción: Ciné-Tamaris, coa participación de CNC e o apoio da Comission Télévision da PROCIREP. Fotografía: Stéphane Krausz e Georges Strove (1992); Agnès Varda (1966). Duración: 63 minutos.
Presentada no Festival de Cannes de 1993, un tributo á rodaxe de Les demoiselles de Rochefort, emprendida por Jacques Demy en 1966. A cidade de Rochefort organiza 25 anos despois unha grande festa. Varda filma un documental vivaz que acumula desde personaxes de Rochefort ata presenzas como Catherine Deneuve e Jacques Perrin.