Fuel
David M. Santana, Isabelle Junot, Fernando Cermeño
- 72 minutos
Raúl é un xornalista español e crítico gastronómico que realiza reportaxes fotográficas e críticas para revistas especializadas. Tras pasar uns días nos Ánxeles, comeza unha ruta pola Costa Oeste dos Estados Unidos para chegar ata Las Vegas, onde realizará unha reportaxe sobre a gastronomía ao pé da estrada e tamén a gastronomía da cidade do pecado.
O seu pesadelo comezará cando acorde na metade de Death Valley, no deserto de Mohave, atado cunha cadea a un vello Plymouth Barracuda. Sen posibilidade de escape e sen ninguén para axudalo en centos de quilómetros á redonda.
Proxéctase coa curtametraxe: Between (María Castillo, 2019) 9' España
-
FKM 2019. Festival de Cinema Fantástico da Coruña
Fuel
Sen límites/Concurso Internacional de Longametraxes. Presentación. Entrada gratis
- Ano:2019
- Países de produción: España
- Guión: Juan de Dios Garduño