![Field](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/logo_s8_sen_letras_0.jpg?itok=nN-indjm)
Field
Field
- 10 minutos
O fotograma engloba unha ráfaga de raias diagonais en branco e negro e sen ningunha profundidade apreciable ou imaxinario recoñecible. A velocidade é tal e os toques de luz tan homoxéneos que é moi difícil determinar se o movemento vai cara a abaixo dende a esquina superior esquerda da pantalla ou cara a arriba dende a esquina oposta. Asumo que esta confusión é esencial para experimentar a película, e que ademais Gehr transforma deliberadamente a paisaxe natural no paradoxo sumamente perceptual que Faraday detectou no movemento das rodas xiratorias e que posteriormente se converteu na base teórica do fenaquistiscopio e todas as máquinas subseguintes que xeraban ilusión de movemento. A natureza está tan emborranchada que só podemos fiarnos da súa palabra para saber onde e como foi filmada. Curiosamente o sublime da natureza escorrégase de novo no filme por conta da asociación. A ráfaga de liñas e as agullas de sombras suxiren fervenzas, montañas e piñeirais. (P. Adams Sitney)
- Ano:1970
- Países de produción: Estados Unidos