LE FOND DE L´AIR EST ROUGE
Chris Marker, 1977
180’. Subtítulos en galego.
LE FOND DE L´AIR EST ROUGE [O FONDO DO AIRE É VERMELLO]
(Francia, 1977)
Dirección e guión: Chris Marker. Produción: Iskra, INA, Dovidis. Fotografía: Pierre-William Glenn, Willy Kurant. Duración: 180 minutos.
Reflexión sobre a memoria dunha década de loitas sociopolíticas que amosa a posibilidade dunha terceira guerra mundial transcorrida entre 1967 e 1977. Nunha colaxe mestura de imaxes de arquivo, filmes militantes, programas de radio e televisión, entrevistas e testemuños, desfilan pola pantalla Vietnam, París e Praga 1968, os movementos no terceiro mundo ou xentes como Mitterrand, Allende, Ernesto Guevara, Angela Davis, Arthur London ou Debray. A montaxe é a última de Marker, datada en 1993.