
LASKAR PELANGI
Riri Riza, 2008.
124´. Subtítulos en galego.
LASKAR PELANGI / THE RAINBOW TROOPS
(Indonesia, 2008)
Dirección: Riri Riza. Guión: Salman Aristo, Andrea Hirata. Produción: Miles Films. Fotografía: Yadi Sugandi. Intérpretes: Cut Mini, Zulfani, Ferdian. Duración: 124 minutos.
Baseada nunha novela éxito de vendas en Indonesia, conta a historia dunha profesora idealista e os seus alumnos, fillos dos obreiros pobres dunha illa rica en recursos naturais. A ameaza da clausura do centro educativo, leva a profesores e alumnos a loitar por conseguir o recoñecemento da vila. Rodada con actores non profesionais.