1993
Nieves Riosvalle, Víctor Hernández, Mallelyn Rodríguez, Giselle Llanio
- 23 min.
Rosario levántase cada día sen esperanzas de que algo novo poida ocorrerlle; desde que se foi Manolo, a súa vida non é máis que unha letanía. Cada xornada está envolta polo tedio e o vapor das rúas de La Habana.
- Ano:1997
- Países de produción: Cuba
- Guión: Giselle Llanio
- Fotografía: Raynel Díaz
1993
Giselle Llanio
Corría o ano 1989 cando os cubanos coñecemos novas condicións de vida. A economía do país mergullouse nunha fonda depresión e as consecuencias fixéronse sentir rapidamente. O mundo cambiara e nós con el. Comezou unha época chea de conflictos e contradiccións, unha época onde a vida cotiá se fixera cada vez máis difícil e onde unha gran cantidade de persoas encontraron na emigración unha solución ou escape ós seus problemas, provocando a división de moitas familias; unha época onde se desmoronan por días os valores espirituais e onde comeza a respirarse un aire de desesperanza; unha época onde non se ve máis alá dos problemas do día e onde o amor se converte nun vello moribundo que só algúns románticos manteñen vivo.
Nesta época vive Rosario, muller cun mundo interior cheo de conflictos e que ama apaixoadamente ó seu esposo; e é precisamente este entorno o que destrúe as súas aspiracións amorosas para mergullala na máis terrible desesperanza. Unha reflexión de canto sucede ó meu redor é a raíz desta historia, coa que pretendo provocar unha meditación, rirnos de nós mesmos e, sobre todo, expoñer o meu tempo, o que me tocou vivir.