![Las diabólicas](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/14150.jpg?itok=eoS_nPOk)
Las diabólicas
Henri–Georges Clouzot, 1954
110’. Subt. castelán.
LES DIABOLIQUES / LAS DIABÓLICAS (Francia, 1954) Dirección: Henri–Georges Clouzot. Guión: Henri–Georges Clouzot e Jérôme Geromini, sobre a novela de Pierre Boileau e Thomas Narcejac Celle qui n’était plus. Produción: Filmsonor e Vera Films. Fotografía: Armand Thirard. Intérpretes: Simone Signoret, Paul Meurisse, Véra Clouzot. Duración: 110 min. Dúas mulleres, Nicole e Christina, profesoras nun colexio privado, póñense dacordo para se desfacer do marido de Christina. Cando parece que triunfan no seu empeño, comezan a ocorrer feitos estraños, todo baixo a mirada dun inspector de policía. Mestre da atmosfera, Clouzot crea un filme eficaz, mítico e premiado, preto do grand-guiñol, xerador dun clima de terror e cheo de lóxica interna, cun orixinal punto de vista narrativo clave na trama. Como estratexia promocional, ao estilo Hitchcock –Clouzot adapta unha novela do dúo Boileau-Narcejac, autores de De entre los muertos, xerme da posterior Vértigo-, Clouzot prohibía a entrada na sala unha vez iniciada a proxección.
-
-
Ó redor da Nouvelle Vague
Las diabólicas
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Sección do ciclo: 'A tradición da qualité'.
-
Ó redor da Nouvelle Vague
Las diabólicas
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Sección do ciclo: 'A tradición da qualité'.
-
-