Ladri di biciclette / Ladrón de bicicletas
Vittorio de Sica, 1948
88'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
LADRI DI BICICLETTE / LADRÓN DE BICICLETAS
(Italia, 1948)
Dirección: Vittorio de Sica. Guión: Cesare Zavattini, Suso Cecchi D’Amico, Vittorio de Sica, Oreste Biancoli e Adolfo Franci, sobre unha novela de Luigi Bartolini. Produción: Produzioni di Sica. Fotografía: Carlo Montuori. Intérpretes: Lamberto Maggiorani, Enzo Staiola. Duración: 88 minutos.
Antonio Ricci é un obreiro desempregado na Italia da posguerra que encontra, por fin, un traballo de pegar carteis pola cidade de Roma. Para o desempeño deste labor necesita unha bicicleta, mais por desgraza róubanlla o primeiro día. Antonio e o fillo Bruno comezan unha busca desesperada por toda a cidade para recuperaren a bicicleta. Os dous saben que sen ela Ricci non poderá conservar o sustento da familia.
Unha das obras mestras do neorrealismo italiano, duro testemuño da vida en Italia logo da Segunda Guerra Mundial. Unha película ateigada de actualidade, autenticidade e realismo. Interpretada por actores non profesionais que dotan os seus personaxes de dignidade na súa loita pola supervivencia. A partir dos 9 anos.