I legionari italiani in Catalogna
- 44 minutos
O documental, realizado pola sección cinematográfica do Corpo Truppe Volontarie, é o único en cubrir a campaña ao norte de Barcelona, a última protagonizada polo CTV. Faino con imaxes de sólida factura e cunha formulación orixinal, quizais porque mesmo as dúas cámaras civís que integraban a sección traballaron conxuntamente cos militares. A cámara, ademais, estivo situada na liña de fogo. O que nos brinda un catálogo máis amplo que nunca da maquinaria empregada no conflito. O filme, un dos máis logrados de entre os producidos desde a Italia fascista sobre a guerra civil española, preséntase en estrea mundial neste ciclo.
-
Imaxes para a memoria. Os documentais da Italia fascista sobre a Guerra Civil española (1936-1939)
I legionari italiani in Catalogna
Presentación e coloquio: José Manuel Sande, Daniela Arónica. Entrada gratis
- Ano:1939
- Países de produción: Italia