![LA VERDAD SOBRE EL CASO SAVOLTA LA VERDAD SOBRE EL CASO SAVOLTA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_373.jpg?itok=BaRrKObK)
LA VERDAD SOBRE EL CASO SAVOLTA
Antonio Drove, 1979
127’
LA VERDAD SOBRE EL CASO SAVOLTA
(España-Francia-Italia, 1979)
Dirección: Antonio Drove. Guión: Antonio Larret e Antonio Drove. Produción: P.C. Domingo Pedret (España) / Net Diffusion (Francia) / Filmalpha (Italia). Fotografía: Gilberto Azevedo. Intérpretes: Charles Denner, José Luis López Vázquez, Ovidi Montllor, Omero Antonutti. Dur.: 127 min.
Produción de accidentada e conflitiva rodaxe baseada na celebrada novela de Eduardo Mendoza que deixou ao talentoso cineasta Antonio Drove, recentemente falecido, nun inxusto e amargo limbo de marxinación laboral. Como xa fixera nun episodio da serie “Curro Jiménez”, aproveita a distancia temporal, neste caso a Barcelona de revoltas obreiras e pistoleirismo patronal dos anos 20, para artellar suxestivos paralelismos co proceso que viviu a película e o que emanaba da sociedade nun intenso, brechtiano e elaborado filme político que excede con intelixencia e sobriedade as restritivas convencións da recreación histórica.