![La terre des âmes errantes La terre des âmes errantes](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_2544.jpg?itok=zY_ifXjL)
La terre des âmes errantes
Rithy Panh, 2000
100'. Vídeo. Subt. castelán.
LA TERRE DES ÂMES ERRANTES
(Francia, 2000)
Dirección e guión: Rithy Panh. Produción: INA e La Sept-Arte. Fotografía: Prum Mesa. Duración: 100 minutos.
Premiado en Vancouver, Florencia ou Cinéma du Réel, documento de Rithy Panh (S-21. La máquina roja de matar) que insiste na exploración histórica sobre Camboxa. En 1999 os traballos de instalación dun cable de fibra óptica que atravesa o país permiten a moitos camboxanos –campesiños pobres, soldados desmobilizados, familias na miseria- atopar traballo. A violencia política e a económica do país parecen mesturarse.