LA REINA DE AFRICA
John Huston, 1951
103’. Subtítulos en castelán.
THE AFRICAN QUEEN / LA REINA DE AFRICA
(Estados Unidos, 1952)
Dirección: John Huston. Guión: John Huston e James Agee. Argumento: a novela de C.S. Forester. Produción: Sam Spiegel para Horizon Pictures, Romulus Productions e United Artists. Fotografía: Jack Cardiff. Intérpretes: Humphrey Bogart, Katharine Hepburn, Robert Morley. Duración: 103 min.
Unha misioneira solteirona atópase en 1915 en África nunha situación difícil: tras evanxelizar aos nativos e perder ao seu irmán, emprende unha perigosa viaxe polo río en compañía dun traficante de alcohol borrachón. Achegamento en clave cómica e desmitificatoria ao relato de aventuras exótico e á guerra de sexos, froito dunha excitante rodaxe narrada moitos anos despois por Clint Eastwood en “Cazador blanco, corazón negro”.