La princesa Mononoke
Hayao Miyazaki, 1997.
134'. Vídeo. Entrada de balde.
LA PRINCESA MONONOKE
(Xapón, 1997)
Dirección e guión: Hayao Miyazaki. Produción: Studio Ghibli, DENTSU Music And Entertainment, Nibariki, Nippon Television Network Corporation (NTV), TNDG e Tokuma Shoten. Duración: 134 minutos.
Outro dos clásicos contemporáneos do mestre da animación xaponesa, Hayao Miyazaki, unha peza épica-fantástica localizada na Idade Media. Un mozo ferido, Ashitaka, busca liberarse dun feitizo e viaxa á cidade de ferro. Alí asistirá a unha loita entre animais e humanos na que comeza participando como mediador. A partir dos 11 anos.