
LA PIANISTA
Michael Haneke, 2001.
130´. Subtítulos en castelán.
LA PIANISTE / LA PIANISTA
(Francia-Austria, 2001)
Dirección e guión: Michael Haneke. Argumento: Elfriede Jelinek. Produción: MK2, Les Films de Alain Sarde, Arte France Cinema (Francia), Wega Film (Austria). Fotografía: Christian Berger. Intérpretes: Isabelle Huppert, Annie Girardot, Benoît Magimel, Susanne Lothar, Udo Samel, Anna Sigalevitch, Cornelia Köndgen. Duración: 130 minutos.
Os piares nos que se fundamenta a vida dunha profesora de piano corentona, que vive cunha nai obstinada en tela controlada, desbarátanse cando coñece un mozo pianista autodidacta que lle proclama o seu amor. Partindo dunha feroz narración da premio Nobel austriaca Elfreide Jelinek, Haneke traza outro relato sobre a violencia e o horror cotián. Segundo premio en Cannes para Huppert, que volverá a traballar co director austriaco na apocalíptica “El tiempo del lobo”.