
LA PASIÓN CIEGA
Raoul Walsh, 1940
95´. Subtítulos en castelán.
THEY DRIVE BY NIGHT / LA PASIÓN CIEGA
(Estados Unidos, 1940)
Dirección: Raoul Walsh. Guión: Jerry Wald e Richard Macaulay, segundo a novela “Long Haul” de Albert Isaac Bezzerides. Produción: Warner Bros. Fotografía: Arthur Edeson. Intérpretes: George Raft, Ann Sheridan, Ida Lupino, Humphrey Bogart. Duración: 95 minutos.
Joe e Paul Fabrini son camioneiros. Joe está namorado de Cassie. Tras varios accidentes, un dos cales cústalle o brazo a Paul, déixano todo para traballar co propietario dunha empresa de transporte, cuxa esposa se encapricha de Joe. Apuntes veristas nun melodrama de matices escurísimos menos coñecido do que debera no conxunto da obra de Walsh.