LA NAISSANCE DE L´AMOUR
Philippe Garrel, 1993
94´. Subtítulos en galego.
LA NAISSANCE DE L´AMOUR
(Francia, 1993)
Dirección: Philippe Garrel. Guión: Philippe Garrel, Marc Cholodenko e Muriel Cerf. Fotografía: Raoul Coutard. Produción: Christian Paumier, Alain Schatzman, Why Not Productions, Vega Films e La Sept Cinéma. Intérpretes: Lou Castel, Jean-Pierre Léaud, Johanna Ter Steege. Duración: 94 minutos.
Paul vive coa súa muller embarazada, Fanchon, e seu fillo adolescente. Ten unha amante, Ulrika, da que está namorado e pola que sería capaz de abandonar o seu fogar. Pero Ulrika, marcada por tortuosas relacións anteriores, non lle corresponde. A Marcus, amigo de Paul, tampouco lle van ben as cousas. Acaba de ser abandonado pola súa compañeira, que marchou a Roma con outro home. Outro crescendo nos relatos de fantasmas, revisitacións e superviventes que erixe Garrel.