La mosquitera
Agustí Vila, 2010.
95’.
LA MOSQUITERA
(España, 2010)
Dirección e guión: Agustí Vila. Produción: Eddie Saeta SA. Fotografía: Neus Ollé-Soronellas. Intérpretes: Emma Suárez, Eduard Fernández, Geraldine Chaplin, Fermí Reixach. Duración: 95 minutos.
Terceira longametraxe do singular Agustí Vila, despois d´Un banco en el parque (1999) e 3055 Jean Leon (2006). Claustrofóbica reflexión sobre os códigos de supervivencia que elude todo tratamento convencional para centrarse nun dos temas clave do mellor cine español, a disección da célula familiar. Unha familia en crise, cuxos membros viven atrapados nun mundo de culpa e sentimentos enfrontados. Un adolescente refuxiado no silencio rebélase contra o mundo dos adultos, exemplificado nos pais, Alicia e Miguel, e María, unha anciá con Alzheimer. O rapaz acolle todo tipo de animais e todos parecen atrapados por unha rede invisible que os illa, o mosquiteiro.