LA MOSCA
David Cronenberg, 1986
102´. Subtítulos en galego.
THE FLY / LA MOSCA
(Estados Unidos, 1986)
Dirección: David Cronenberg. Guión: Charles Edward Pogue e David Cronenberg, sobre un conto de George Langelaan. Produción: Brooksfilms. Fotografía: Mark Irwin. Intérpretes: Jeff Goldblum, Geena Davis, John Getz, Joy Boushel, Les Carlson. Duración: 96 minutos.
Despois de rexeitar ofertas economicamente apetitosas para realizar títulos como “Flashdance”, “Superdetective en Hollywood”, “Único testigo” ou “Top gun”, Cronenberg consegue o financiamento de Mel Brooks para un singular proxecto. Seth Brundle, un xenial e novo científico, investiga sobre as metodoloxías de teletransportación. Logo de coñecer nunha convención a Verónica, unha xornalista de quen namora, fai unha proba co seu propio corpo. Un insecto parece infiltrarse na cápsula... Óscar á mellor maquillaxe.