
La marsellesa
Jean Renoir, 1938
130’. Subt. Galego.
LA MARSEILLAISE / LA MARSELLESA
(Francia, 1938)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Jean Renoir, coa colaboración de Carl Koch e N. Martel-Dreyfus. Produción: Jean Renoir, SEDIF E CGT. Fotografía: J.P. Alphen, Jean Bourgoin, Alain Douarinou, Jean Louis e Jean-Marie Maillols. Intérpretes: Pierre Renoir, Lise Delamare, Louis Jouvet. Duración: 130 minutos.
Rodada despois de La gran ilusión (1937) e peor recibida pola crítica, Renoir filma este fresco da Revolución Francesa –que Truffaut equipara coa habilidade do Griffith máis épico- en plena etapa de ebulición en Europa coa Fronte Popular francesa temeroso dun destino similar ao de España. “Está construída como un western porque é o único filme itinerante de Renoir” (François Truffaut, Les films de ma vie, 1975).